Liberan un ferido atrapado tras unha colisión frontal en Salceda de Caselas
Os bombeiros do Porriño encargáronse de rescatar a vítima deste sinistro, no que se viron implicados dous coches

Unha colisión frontal entre dous vehículos obrigou a liberar unha das persoas implicadas, ferida, no concello de Salceda de Caselas.
Segundo informou o 112, os Bombeiros do Porriño encargáronse das tarefas de liberación da vítima, un home que foi trasladado ao centro hospitalario de referencia.
O servizo recibiu a primeira comunicación sobre o accidente ao redor das 8:00 horas, a través dun particular. Pouco despois, un dos implicados tamén se poñía en contacto co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias e confirmaba que polo menos unha das persoas era incapaz de abandonar o seu vehículo.
Solicitouse entón a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Porriño, da Garda Civil de Tráfico, dos voluntarios de Protección Civil de Salceda de Caselas e dos servizos de mantemento da estrada.