Publicador de contidos
Publicador de contidos

Licitan a construción dun novo centro de saúde en Vilagarcía

Licitan a construción dun novo centro de saúde en Vilagarcía

A obra suporá un investimento de 19 millóns de euros

G24.gal 16/07/2024 18:04

A Xunta anunciou este martes a licitación das obras de construción dun novo centro de saúde no municipio pontevedrés de Vilagarcía de Arousa.

A construción debería comezar a finais deste ano, unha vez seleccionada a empresa, segundo explicaron os conselleiros de Vivenda e de Sanidade, María Martínez Allegue e Antonio Gómez Caamaño, respectivamente.

O obxectivo do Goberno galego é axilizar os trámites para que o centro de atención primaria "sexa unha realidade canto antes", indicou Martínez Allegue.

O proxecto prevé unha superficie construída de 8.300 metros cadrados.

Pola súa banda, Caamaño subliñou que o novo centro de saúde dispoñerá dunha infraestrutura "máis moderna e innovadora" con "máis funcionalidade e máis prestacións" para esa comarca.

O novo centro de saúde de Vilagarcía de Arousa prevé dispoñer de 18 consultas de medicina xeral, outras 17 de enfermería, seis de pediatría e cinco de enfermería pediátrica, ademais de salas para especialistas e unha zona de atención continuada para atender urxencias.

O peche exterior será de celosías elaboradas con madeira de batea para filtrar a luz natural e preservar a privacidade, mentres que as salas de espera e áreas comúns do edificio acondicionaranse con espazos vidriados con control solar e madeira vista no interior, segundo o proxecto arquitectónico

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos