Fin de semana de moita actividade nos aeroportos e cun operativo especial de tráfico
Fin de semana de moita actividade nos aeroportos e cun operativo especial de tráfico
Durante esta fin de semana os aeroportos galegos operaron 168 voos, máis de 20 internacionais
Normalidade nas estradas galegas nunha fin de semana con moitos desprazamentos
Co Nadal pasado este domingo mesturábanse nos aeroportos os pasaxeiros que chegan a Galicia para comezar aquí o 2025, cos que xa pasaron Noiteboa e volven ao seu domicilio habitual. En total para esta xornada no aeroporto Rosalía de Castro hai programados 60 voos, oito deles internacionais, na Coruña 25 e en Vigo 6. Os reencontros de familias que viven separadas repítense cada ano.
Son datas difíciles para atopar billetes de última hora no tren, así que o coche volve ser a opción de moitas familias que se desprazan nas festas. Ata o próximo 6 de xaneiro está activado un operativo especial de Tráfico. A cifra prevista de desprazamentos por estrada desde este venres ata o próximo día de Ano Novo é de 6,4 millóns de vehículos en España. Durante esta mañá o tráfico foi fluído nas estradas galegas.