Publicadas as listaxes provisionais de admitidos nas escolas públicas infantís para o vindeiro curso

O próximo curso será totalmente gratuíto nesta etapa educativa nas 174 escolas infantís públicas de Galicia
O DOG de hoxe publica as listaxes provisionais de admitidos nas 174 escolas infantís públicas de Galicia para o vindeiro curso. A conselleira de Política Social en funcións, Fabiola García, subliñou que nese curso 2022-2023, entra en vigor a total gratuidade da educación infantil.
"Este ano, un 86 % das solicitudes foron admitidas, e o resto dos nenos que quedaron sen unha praza pública poderán ir de xeito totalmente gratuíto a outra escola infantil da súa elección. No vindeiro curso 2022-2023, Galicia vaise converter, unha vez máis, nunha comunidade de referencia pola gratuidade total da educación infantil dos 0 aos 3 anos".