Publicador de contidos
Publicador de contidos

Liz Truss pide perdón polos erros e asegura que liderará os 'tories' ata as eleccións

Liz Truss pide perdón polos erros e asegura que liderará os 'tories' ata as eleccións

Nunha entrevista na BBC, aceptou a súa responsabilidade nas decisións en materia económica

G24.gal 18/10/2022 08:13

O Goberno conservador británico anula o plan fiscal que presentara hai menos dun mes para recuperar a confianza dos mercados. O cambio deixa aínda máis debilitada a primeira ministra.  
Liz Truss recoñeceu que cometeran erros e pediu perdón.

Nunha entrevista na BBC, aceptou a súa responsabilidade nas decisións en materia económica, nomeadamente a baixada de impostos, dixo que fora demasiado lonxe e demasiado rápido e quixo lanzar unha mensaxe de calma á cidadanía.

A líder dos tories dende hai seis semanas asegura que continuará á cabeza do partido ata as eleccións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade