Loureiro: "Custa erguerse despois de cada partido, pero seguimos crendo"
Loureiro: "Custa erguerse despois de cada partido, pero seguimos crendo"
Loureiro non perde o ánimo malia a situación de urxencia do Lugo
Miguel Loureiro repasou a semana de traballo do equipo, preto do enfrontamento ante o C. D. Tenerife. Loureiro asume a dificultade da situación, aínda que apela á unidade de equipo e afección para buscar unha primeira vitoria xa merecida tras o visto e demostrado sobre o verde:
"Nos últimos partidos tócame xogar de central dereito. É unha posición que non me é descoñecida. Por necesidades do equipo tócame participar aí, tento axudar o grupo e axudar aí. Estou cómodo".
Loureiro non perde o ánimo malia a situación de urxencia do Lugo:
"No tema ofensivo temos que dar un paso, crear máis, pór en máis problemas o rival".
"Custa erguerse despois de cada partido, pero seguimos crendo, e hai que gañar".