Cargando resultados...
Trasladan ao hospital cinco veciños da Pontenova intoxicados polos gases dun quentador
Trasladan ao hospital cinco veciños da Pontenova intoxicados polos gases dun quentador
As persoas afectadas alertaron de que sufrían mareos nunha vivenda na avenida de Taramundi
G24.gal
25/12/2024 10:49
Cinco persoas foron trasladadas ao hospital pola mala combustión dun quentador na Pontenova (Lugo), informa o 112.
O aviso chegou ás 22:50 horas deste martes, cando as persoas afectadas explicaron que sufrían mareos nunha vivenda na avenida de Taramundi da Pontenova.
Foron evacuadas ao hospital Lucus Augusti con síntomas de intoxicación por inhalación de gases de combustión.
Os servizos de emerxencias confirmaron que a orixe dos gases era un quentador, que funcionaba cunha bombona de butano, e ventilaron as estancias.