Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 20 persoas intoxícanse en Corcubión tras comeren hamburguesas

Máis de 20 persoas intoxícanse en Corcubión tras comeren hamburguesas

Uns ovos en mal estado parecen estar detrás da intoxicación alimentaria

G24.gal 21/08/2024 14:21 Última actualización 21/08/2024 14:45

Máis de 20 persoas resultaron intoxicadas esta fin de semana tras a inxestión de hamburguesas nun local de Corcubión. Algunhas mesmo foron hospitalizadas. Foi no local Cuatro Perras, na zona do peirao de Corcubión, sobre a praia de Quenxe.

Hoxe reabriu as súas portas tras a visita dos técnicos de sanidade. Á espera dos resultados das análises e dos cultivos, todo apunta a ovos en mal estado que causaron que esas persoas acudiran a distintos hospitais con síntomas de gastroenterite aguda. Unha nena de 8 anos estivo en observación no Materno da Coruña con vómitos, febre e diarrea ata a madrugada de hoxe. 

Á falta dos resultados das mostras, a súa propia "investigación interna" limita o problema a xema de ovo desa hamburguesa concreta. Sanidade atopou todo en orde no local e coa rastrexabilidade precisa. Nos vindeiros días coñeceranse as causas exactas da intoxicación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade