Publicador de contidos
Publicador de contidos

O monóxido de carbono causou a morte de catro persoas nun piso de Toledo

O monóxido de carbono causou a morte de catro persoas nun piso de Toledo

A mala combustión dunha estufa de butano parece ser a orixe da intoxicación

G24.gal 20/03/2024 20:43 Última actualización 20/03/2024 21:13

Ningún dos catro cadáveres atopados nun piso da zona histórica de Toledo tiña sinais de violencia. E as primeiras autopsias confirmaron a principal hipótese dos investigadores: faleceron intoxicados por monóxido de carbono.

"Presumiblemente pola mala combustión dunha estufa de butano que había no domicilio", apuntaba a delegada do Goberno en Castela-A Mancha.

Unha estufa que estaba nun dos tres cuartos da vivenda onde apareceu un dos cadáveres tiña o interruptor de acendido accionado, aínda que xa non había lapa porque se consumira todo o gas. Os investigadores ven factible que o monóxido de carbono afectase aos residentes dos outros cuartos ainda que tivesen as portas pechas.

"Si que é susceptible de traspasar dun a outro cuarto, si", asegurou o xefe superior da Policía Nacional en Toledo.

Os falecidos xa puideron ser identificados. Son unha muller de 46 anos e un home de 56 de nacionalidade española, un home de 58 tamén nacionalizado pero de orixe británica e un romanés de 64 anos. Tiñan subarrendados os cuartos da vivenda de alugueiro onde atoparon a morte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade