Evacúan ao hospital dúas persoas por unha posibe intoxicación por monóxido de carbono na Coruña
Evacúan ao hospital dúas persoas por unha posibe intoxicación por monóxido de carbono na Coruña
Ata a vivenda situada nos Rosales desprazáronse os bombeiros, pero cando chegaron as medicións resultaron negativas
Dúas persoas tiveron que ser evacuadas ao hospital ao presentar síntomas compatibles cunha intoxicación por monóxido de carbono nunha vivenda da Coruña.
Desde o 112 informan de que o suceso se produciu ás 09:00 horas deste domingo e foi Urxencias Sanitarias de Galicia-061 o que deu a voz de alarma.
Os profesionais sanitarios desprazáronse ata un domicilio da rúa Emilio González López e unha vez no lugar os medidores da ambulancia activáronse.
Deste xeito, solicitaron a presenza dos Bombeiros da Coruña para realizar as comprobacións necesarias e informaron os axentes da Policía Nacional. Cando os bombeiros chegaron ao domicilio, os índices de acumulación de monóxido de carbono eran negativos, pero, como medida de precaución, bloquearon a subministración.
Ademais de tres dotacións dos bombeiros e persoal sanitario ata o lugar desprazáronse axentes da Policía Local e tamén da Policía Nacional.
#IntervencionCoruña
— BombeirosCoruña (@bombeiroscoruna) June 16, 2024
☎️ Persoa con posible intoxicación por gas (061)
⏲️ 08.31 h
📍 Rúa Emilio González López, 58 #Coruña
🚒 3 dotacións
🚓 @Policia_Coruna
🚑 @RtsuCoruna pic.twitter.com/NPvBQFu40I