Publicador de contidos
Publicador de contidos

A XVII Feira de Antigüidades e Artesanía enche de visitantes A Pontenova

A XVII Feira de Antigüidades e Artesanía enche de visitantes A Pontenova

Ofrécense pezas exclusivas e de calidade que axudan a que medren as vendas

Participan 30 especialistas en obxectos do pasado e outros tantos artesáns

G24.gal 08/12/2024 10:38 Última actualización 08/12/2024 11:07

Celébrase esta fin de semana na Pontenova unha das feiras de artesanía e antigüidades con maior poder de convocatoria de Galicia.

Aquí é posible atopar dende pezas clásicas da cerámica de Sargadelos, ata mesas filipinas ou mantóns de Manila bordados artesanalmente sobre seda.

Nesta 17ª edición, participan unha trintena de anticuarios que amosan os seus artigos nun espazo estratéxico, situado na Praza dos Fornos.

Cadran ao sinalar que esta edición está a ser moi boa en vendas. Aseguran que o público acode predisposto a comprar.

Ao carón da carpa das antigüidades, na Casa da Cultura, están instalados 35 postos de artesanía que complementan a mostra.

A repercusión da feira no sector da hostalería da Pontenova é evidente. De feito, os hoteis e os restaurantes da zona están cheos de xente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar