Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis do 50 % das explotacións gandeiras carecen de medidas protectoras contra o lobo

Máis do 50 % das explotacións gandeiras carecen de medidas protectoras contra o lobo

Imparten na Pontenova un curso de prevención de ataques da fauna silvestre

 

Félix Aragunde 26/04/2024 20:45 Última actualización 27/04/2024 09:48

Preto dunha vintena de gandeiros asistiron na Pontenova a un curso de prevención de ataques da fauna silvestre. Nel fíxose fincapé na necesidade de coñecer os predadores como primeiro paso para unha protección eficaz dos animais nas explotacións.

"Dende o momento en que hai unha coexistencia do lobo co gando, faise necesario ter coñecementos de como protexelo, que investimentos son precisos ou que sistemas hai que resulten eficaces", asegura Raquel González, técnica de Ovica.

O curso contou cunha parte teórica en que se falou dos diversos tipos de peches para protexer o gando. Tocante á parte práctica, centrouse na aplicación efectiva deses sistemas a pé de campo.

Como puideron comprobar os asistentes, o conxunto dos elementos que supoñen unha protección eficaz representan un custo elevado que apenas cobren as axudas públicas.

Neste senso, dende a Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia, organizadora do curso, demandan unha maior implicación das administracións.

"Agora, hai axudas para peches ou para cans de protección, pero non sei se sempre se poñen na pel dos gandeiros á hora de afrontar eses investimentos que teñen que facer", explica.

De feito, máis da metade das explotacións gandeiras carecen de medidas encamiñadas a previr os ataques do lobo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade