Cargando resultados...
Remolcado un pesqueiro con sete tripulantes á deriva a seis millas de Fisterra
Remolcado un pesqueiro con sete tripulantes á deriva a seis millas de Fisterra
Quedou parado debido a un enganche do aparello na hélice
Salvamento Marítimo remolcou a embarcación ata o porto de Muros
Pesqueiro Meira da Costa
G24.gal
08/05/2024 17:21
O pesqueiro Meira da Costa, con sete tripulantes, necesitou ser remolcado este mércores ao atoparse á deriva a 6,5 millas de cabo Fisterra debido ao enganche do aparello de pesca na hélice.
Segundo informan por parte de Salvamento Marítimo a Europa Press, o barco deu aviso ás 10:50 horas do sucedido, ante o cal o centro de Fisterra mobilizou á Salvamar Régulus.
A embarcación de Salvamento Marítimo remolcou ao arrastreiro de 28 metros de eslora ata Muros, ao porto base do Meira da Costa, lugar ao que chegaron ás 15:30 horas.