Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un bosque de 1.200 sequoias crecerá contra o lume no monte Galiñeiro

Un bosque de 1.200 sequoias crecerá contra o lume no monte Galiñeiro

O monte Galiñeiro, en Gondomar, conta cuunha das plantacións de sequoias máis grandes de Galicia e tamén de España

Falamos dunha especie procedente de California que empeza a proliferar na nosa comunidade. Son árbores milenarias e robustas que actúan sobre todo como freo do lume

 Na comunidade de montes de Vincios, e tras os incendios do 2017, plantaron unhas 1.200 árbores deste tipo. Crecen despaciño, pero co tempo poden sobrepasar os cen metros de altura

G24.gal 08/05/2024 21:33 Última actualización 08/05/2024 21:44

Está considerado o ser vivo máis alto do mundo. A sequoia pode acadar os 115 metros de altura pero estas do monte Galiñeiro, unhas 1.200, non chegan aos sesenta centímetros. Plantáronse en 2020 despois dos incendios de outubro de hai sete anos que arrasaron case por completo este espazo natural.

Esa é a aposta da comunidade de montes de Vincios. Facer de barreira natural contra o lume.  As sequoias están repartidas en seis hectáreas. É unha especie procedente de California, un lugar cun clima moi similar ao noso, con invernos húmidos e veráns secos.

As sequoias non teñen intención de substituír as plantacións de frondosas. É unha aposta máis de rexeneración dos nosos bosques fronte ao temido eucalipto. De feito, son lonxevas e robustas. Estas en concreto sobreviviron ao ataque do gando. 

Estas futuras sequoias non son as únicas en Galicia. En Poio están as sequoias deste bosque de Colón, en Poio. Plantáronse en 1992 con motivo do V centenario do descubrimento de América. 500 árbores que invitan a perderse entre as súas frondosas ramas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade