Publicador de contidos
Publicador de contidos

Louzán: "Era unha petición de Galicia e seremos beneficiados. Se ascende outro galego, permanecería o Arzúa"

Louzán: "Era unha petición de Galicia e seremos beneficiados. Se ascende outro galego, permanecería o Arzúa"

O presidente da Futgal explicou o aumento a 18 equipos na Terceira RFEF

G24.gal 06/05/2023 19:32

O anuncio na mañá deste sábado por parte da RFEF da decisión de formar, a partir da vindeira temporada, os grupos da Terceira RFEF con 18 conxuntos, dous máis que neste curso, colleu por sorpresa ao noso fútbol. 

Varias dúbidas sobrevoaban o futuro desta categoría na nosa comunidade, e no Galicia en Goles quixeron despexalas conversando co presidente Rafael Louzán

"Era unha petición de Galicia e outras comunidades e conseguimos que se aceptase. Agora ten que ser ratificado pola Asemblea da RFEF.  O noso fútbol vai saír beneficiado. Hai dous equipos que permanecerán na terceira, Viveiro e Silva. No caso de que ascenda outro equipo galego a 2ª RFEF prevalece o equipo que xa estaba na categoría, é dicir, manteríase o Arzúa. Son magníficas noticias para Galicia. Ademais conseguimos que aumente o apoio económico en 2,5 millóns de euros".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos