Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lugo acollerá a edición deste ano da Copa Galicia de baloncesto

Lugo acollerá a edición deste ano da Copa Galicia de baloncesto

O torneo xogarase do 15 ao 17 de setembro e o Breogán é o equipo que defende o título

G24.gal 31/07/2023 21:44

A Copa Galicia de baloncesto xa coñece escenario, datas e emparellamentos. Xogarase en Lugo do 15 ao 17 de setembro e serviralle aos catro equipos de elite do baloncesto galego (ACB e Leb Ouro) como unha gran proba antes de afrontar unha dura temporada. 

Nas semifinais enfrontaranse o Breogán e o COB por un lado e o Obradoiro co Leyma Coruña polo outro. Obradoiro e Breogán, os dous grandes equipos na actualidade do baloncesto galego, repártense os títulos desde o ano 2007. Nas dúas últimas edicións foron os de Lugo os que acadaron o trofeo impoñéndose na final aos santiagueses. Pola contra, os de Moncho Fernández son os grandes dominadores da última década con sete dos últimos dez títulos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade