Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Lugo descende igualando a peor serie de partidos sen gañar da súa historia

O Lugo descende igualando a peor serie de partidos sen gañar da súa historia

Diante do Málaga (0-2) sumou dezaseis partidos sen gañar, algo que tamén acontecera na temporada 20-21

A vitoria do Rácing diante do Granada fixo que o descenso fose matemático

G24.gal 23/04/2023 15:22 Última actualización 23/04/2023 15:46

O periplo do Lugo pola categoría de prata rematou o 23 de abril de 2023. Contra o Málaga igualou a súa peor serie histórica na categoría, dezaseis xornadas sen gañar. Desde o 17 de decembro o cadro lucense non gaña ningún partido e contra o Málaga non cambiou a sorte. O anterior récord negativo databa da temporada 20-21 cando estiveran case catro meses sen gañar. 

Os visitantes do Málaga estiveron afundidos durante moitas xornadas, un histórico que se ía á 1ª RFEF. Pero no momento máis complicado sacou coraxe e leva catro vitorias nas últimas cinco xornadas, uns rexistros que lles permite crer nas súas posibilidades de salvación. 

O partido tivo pouca historia. Os trinta minutos que tardou Rubén Castro en marcar o primeiro gol do partido. O segundo chegou menos de dous minutos despois anotado por Fran Villalba. A mandíbula de cristal do Lugo sentiu eses dous golpes e careceu de capacidade de reacción.  

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos