Publicador de contidos
Publicador de contidos

Luis Casimiro, novo adestrador do Breogán

Luis Casimiro, novo adestrador do Breogán

 É un dos adestradores con máis experiencia en Liga Endesa, dirixindo nada menos que 757 partidos na máxima categoría do baloncesto español

Este mesmo xoves dirixirá o seu primeiro adestramento

G24.gal 04/12/2024 21:30

O Río Breogán anunciou este mércores que o veterano técnico ciudadrealeño Luis Casimiro será o substituto do croata Veljko Mrisic no banco do seu primeiro equipo.

“Luis Casimiro é un dos adestradores con máis experiencia en Liga Endesa, dirixindo nada menos que 757 partidos na máxima categoría do baloncesto español -terceiro na clasificación histórica tras Aíto García Reneses (1.111) e Pedro Martínez (1.026)”, destacou o club presidido por Carmen Lence no seu comunicado de prensa.

 

Casimiro vivirá a súa segunda etapa no Breogán, xa que na tempada 1992-93 foi axudante de Ricardo Hevia, co que celebrou a permanencia na máxima categoría.

Luis Casimiro dirixirá este mesmo xoves o seu primeiro adestramento como adestrador do Breogán, tras o cal será presentado en rolda de prensa. O seu debut será ante o Gran Canaria, ao que dirixiu entre 2016 e 2018.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar