Luis Enrique e Xavi rivalizan por ver quen representa mellor o ADN Barça
Luis Enrique e Xavi rivalizan por ver quen representa mellor o ADN Barça
"Sen ningunha dúbida, eu", contestou categórico o adestrador do PSG
Este mércores xógase a ida dos cuartos de final no Parque dos Príncipes. O París Saint-Germain de Luis Enrique recibe o Barcelona. Xavi Hernández viaxa con Frenkie de Jong e Pedri, ambos pendentes de recibir a alta médica. Quen xa a ten é Christensen, que podería volver xogar. Acompaña tamén o equipo a París o lesionado Gavi.
Na previa Luis Enrique foi contundente en sala de prensa. O asturiano contestou de xeito categórico a pregunta de quen representa mellor os valores do Barcelona, se el ou Xavi: "Sen ningunha dúbida, eu", dixo o sempre polémico adestrador do PSG.
Este mércores tamén é a quenda na Champions do Atlético de Madrid. Os de Simeone preparan a visita do Borussia Dortmund na ida dos cuartos de final. A gran novidade no adestramento foi Mario Hermoso, que regresou ao grupo tras unha lesión muscular, aínda que non chegara a tempo para o partido igual que Lemar. Simeone alertou do rival na previa e non quere confianzas.