Publicador de contidos
Publicador de contidos

Luis Perea, nova peza para o Rácing de Ferrol

Luis Perea, nova peza para o Rácing de Ferrol

Luis Perea. Luis Perea.
G24.gal 02/08/2024 18:51

O Rácing ficha a un novo compoñente para o seu mediocampo, Luis Perea. O mediocentro madrileño de 26 anos criouse nas categorías inferiores de Osasuna, e ten experiencia tanto en segunda como en primeira. Ademais, xogou un ano cedido no O. F. I. Creta F. C. grego.

O mediocentro procede do Leganés, no que militou as últimas catro temporadas e co que acadou o ascenso esta última campaña a Primeira División. Experiencia e calidade contrastada na Segunda, nun proxecto que rematou ascendendo a Primeira.

Perea é a undécima fichaxe do conxunto de Cristóbal para esta temporada. O Rácing colle forma para tentar repetir a boa campaña que fixeron na 23/24, e que fixo que pasaran de pensar na permanencia á loita polos playoffs.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos