Luisito: "Contra o Valencia non vou reservar nada. Vanas pasar de a quilo. Hai que crer e poder"

Tras derrotar a U. D. Ourense, o técnico de Teo xa pensa na visita copeira do martes

G24.gal 03/12/2023 09:44

Non se presumía un choque doado entre dous dos aspirantes ao ascenso na 3.ª RFEF e así aconteceu. Os tres puntos, finalmente, quedaron na casa e o Arousa pode centrarse con tranquilidade no que será un dos partidos máis relevantes da súa historia máis recente. A visita do Valencia á Lomba o martes na segunda rolda da Copa do Rei. O técnico do conxunto arousán é consciente da importancia do partido.

"Hai que recuperarse, e a loitar como xatos contra o Valencia e que a xente e a afección desfrute. Que os xogadores o van dar todo e non vou reservar nada. Estudaremos os días de descanso que lles daremos para que logo xa poidan descansar. Entendo que a xente di que as entradas son caras, nos momentos que vivimos, como está a sociedade. É Nadal, hai que aforrar, pero pido que lles dean valor a estes xogadores, que son o 80 % da temporada pasada. Creo que imos dalo todo e creo que o Valencia as vai pasar de a quilo aquí. Xa temos moitos anos e sabemos que de dez partidos gañan nove, pero hai esa vez. Temos que marcar as catro nosas e que eles fallen as nove que van ter. Na vida hai que crer e poder. En ilusión e dedicación somos uns fenómenos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos