Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lula acusa a Bolsonaro de "estimular" o asalto

Lula acusa a Bolsonaro de "estimular" o asalto

Afirma nunha comparecencia que os vándalos "fascistas" serán encontrados e castigados e ordena intervir a seguridade de Brasilia

Celebrou unha reunión de urxencia cos seus ministros de xeito virtual desde Araraquara, no estado de São Paulo, onde comprobaba os estragos das chuvias

O gobernador de Brasilia destitúe o secretario de Seguridade Pública tras o asalto bolsonarista ás tres sedes dos poderes do Estado

Comparecencia de Lula desde Araraquara
G24.gal 08/01/2023 22:10 Última actualización 08/01/2023 23:12

O presidente do Brasil Luiz Inácio Lula da Silva afirmou este domingo nun pronunciamento que os "vándalos fascistas" que invadiron as sedes do Parlamento, o Supremo e a Presidencia serán "atopados" e "castigados".

Miles de partidarios radicais do expresidente Jair Bolsonaro provocaron o caos este domingo en Brasilia ao invadir e estragar as sedes do Parlamento, a Presidencia e a Corte Suprema.

"Todas as persoas que fixeron isto serán castigadas. A esquerda brasileira ten xente morta, e nunca un partido de esquerda invadiu o Congreso ou o Planalto. Isto non ten precedentes na historia deste país. Imos descubrir quen son os financiadores destes vándalos", dixo Lula.

O presidente acusa a Bolsonaro de "alentar" o triplo asalto ás institucións en Brasilia.

Os gobernadores dos estados brasileiros puxeron as forzas militares estatais á disposición do presidente Lula da Silva por se fosen precisas para conter os manifestantes que ocuparon as sedes do Lexislativo, Executivo e o Xudicial en Brasilia para esixiren un golpe de Estado.

O Supremo avala a intervención federal en Brasilia para responder o asalto ás sedes dos tres poderes do Estado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade