Van volvendo á casa os evacuados polo incendio das Canarias
Van volvendo á casa os evacuados polo incendio das Canarias
Todo apunta a que a superficie queimada é sensiblemente inferior á calculada
Coas últimas medicións, a superficie calcinada polas lapas na illa de La Palma sería 1.000 hectáreas inferior á que se calculaba. Avanzouno a xefa de Protección Civil do arquipélago, Montserrat Román.
Á espera de poder confirmalo nas próximas horas, iso significa que serían unhas 3.600.
A meteoroloxía xogaba este domingo a favor dos servizos de extinción, que puideron traballar
na zona máis preocupante, a das casas.
A última hora da tarde permitíase o regreso aos seus fogares de boa parte das máis de 4.200 persoas desaloxadas: incluíndo case todas as do concello de Puntagorda e todas as do núcleo de Tijarafe.
Aínda non está controlado
As autoridades amosábanse optimistas nas últimas horas pero deixaban claro que o lume aínda non estaba controlado. Así o apuntaba na última actualización o presidente canario, Fernando Clavijo.
Preocupáballes o flanco do Parque Nacional de la Caldera de Taburiente, ao que apenas puideron destinar medios: pola meteoroloxía e porque se priorizaron as zonas habitadas.
Hoxe esperan poder atacar esa parte do incendio con máis forzas.