Mai, Lorre, Loita amada e Banda Aldaolado, nas músicas de Zigzag
Pura Mesura e Margarida Mariño, no novo sinxelo de Mai Cando volvan as baleas
Lorre cabalga entre o folk, as murders ballads e as cancións de mariñeiros
Loita Amada, unha revisión da nova canción galega
Por que non volvemos bicar? Aldaolado a prol dos bicos con lingua (galega)
A colaboradora de música escolma catro novos proxectos musicais. Mai é alter ego musical de Iseo Agilda, a Diva rural do dúo Blues do País.
Lorre, o novo proxecto da voz dos Wavy Gravies acompañado das Malas Herbas asina un LP no que as lendas galegas e música americana flúen para contar historias de "horror folk".
Loita amada é o novo proxecto de Jasper, voz en Nao acompañado por Nébeda Piñeiro. Publican o seu primeiro disco en decembro con Xonix Records
Aldaolado estrean nova banda con Rubén Abad, Violeta Mosquera e Macarena Montesinos para o seu disco Forestal. Fixeron a súa primeira presentación no Liceo de Ourense.