Publicador de contidos
Publicador de contidos

Macron cambia oito ministros do seu goberno

Macron cambia oito ministros do seu goberno

Quere darlle un novo pulo ao Executivo despois da crise das pensións e da dos disturbios

G24.gal 20/07/2023 20:04

O presidente francés Emmanuel Macron remodelou este xoves o seu Goberno con oito novos membros e, sobre todo, perfís máis políticos en Educación e Sanidade.

O seu obxectivo é  tentar darlle un novo pulo ao Executivo despois da crise das pensións e da dos disturbios.

Os principais cambios son o do titular de Educación, o historiador de orixe senegalesa Pap Ndiaye, ao cal substituirá o ata o de agora ministro de Facenda Gabriel Attal, un próximo de Macron de só 34 anos, e o do ministro de Sanidade François Braun, substituído por Aurélien Rousseau, que era director de gabinete de Borne. 

Mantéñense os titulares dos departamentos máis políticos e a primeira ministra Élisabeth Borne.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade