Macron denuncia que o embaixador francés en Níxer é refén dos golpistas
Macron denuncia que o embaixador francés en Níxer é refén dos golpistas
O presidente francés di que o diplomático foi retido na propia embaixada
O presidente francés, Emmanuel Macron, denunciou este venres que o embaixador do seu país en Níxer foi tomado como refén polos golpistas dese país. O embaixador, Sylvain Itté, e varios diplomáticos foron "tomados literalmente como reféns" na propia embaixada gala en Niamey, dixo Macron nun conversación cos xornalistas franceses que o acompañaban nun desprazamento interno.
Explicou que o diplomático "non pode saír" e que os militares impiden introducir comida na legación diplomática, onde debe de alimentarse de "racións militares". A denuncia de Macron non tivo máis detalles, mentres que o Ministerio de Exteriores aínda non se pronunciou.
Macron si asegurou que Francia seguirá acollendo artistas de Níxer, Malí e Burkina Faso, a pesar da hostilidade coa antiga metrópole dos réximes militares saídos dos últimos golpes de Estado, aínda que recalcou que debido ás circunstancias neses países por agora non se poden dar visados.