Publicador de contidos
Publicador de contidos

Macron visita A China para reiniciar as súas relacións co xigante asiático

Macron visita A China para reiniciar as súas relacións co xigante asiático

A guerra de Ucraína e o posible apoio militar da China a Rusia centrarán o encontro

Macron destacou a oposición chinesa ao uso de armas nucleares

G24.gal 05/04/2023 07:51

O presidente de Francia, Emmanuel Macron, comeza una visita de tres días á China despois de tres anos de pandemia.

Á súa chegada este mércores, acompañado pola presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, o líder galo dirixiuse á comunidade francesa residente no país asiático a través dun discurso, xusto antes de encamiñarse á inauguración dun festival cultural.

Macron, afirmou en Pequín, que China ten un “papel importante” que asumir para alcanzar a paz na guerra de Ucraína por "a súa próxima relación con Rusia"

“China, dentro da súa próxima relación con Rusia, reafirmada estes últimos días, pode ter un papel importante” na resolución da guerra", declarou Macron.

Destacou a oposición chinesa ao uso de armas nucleares e a defensa do país asiático cos valores de Nacións Unidas.

Mañá, o mandatario francés reunirase co presidente da China e secretario xeral do Partido comunista, Xi Jinping, no Gran Palacio do Pobo de Pequín. Despois terá outra xuntanza co dirixente chinés e Von der Leyen nun encontro trilateral.

Durante estas reunións trataranse temas importantes como a guerra de Ucraína e o posible apoio militar da China a Rusia, ademais de profundar no obxectivo europeo de “buscar un camiño que leve ao final da guerra a medio prazo”.

Macron tamén se reunirá co primeiro ministro de China, Li Qiang, e o presidente da Asemblea Nacional Popular, Zhao Leji, para completar conversacións sobre temas relacionados co cambio climático, a seguridade alimentaria e as cuestións ambientais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade