Mads Pedersen suma a terceira vitoria danesa no Tour
Mads Pedersen suma a terceira vitoria danesa no Tour
Pedersen impúxose no sprint ao británico Fred Wright e ao canadense Hugo Houle
O excampeón do mundo Mads Pedersen asinou en Saint-Étienne a terceira vitoria danesa nas últimas catro etapas nun Tour de Francia que comezou en Copenhague, tras impoñerse nunha longa escapada. O ciclista do Trek, de 26 anos, conseguiu así o seu primeiro triunfo dunha grande, tras lograr en 2019 a camisola arco iris un ano despois de que o lucise o español Alejandro Valverde.
Pedersen impúxose no "sprint" final ao británico Fred Wright e ao canadense Hugo Houle, os tres destacados dunha fuga de seis que rompeu no tramo final. Proseguiu así a festa danesa, que viviu este mércores o triunfo de Jonas Vingegaard na cima do Granon, un día antes de que Magnus Cort Nielsen gañase en Megève