Cargando resultados...
Maiores e cativos participan nunha fornada tradicional na Mezquita
Maiores e cativos participan nunha fornada tradicional na Mezquita
G24.gal
02/06/2022 21:37
Última actualización 02/06/2022 22:10
O forno da Mezquita recuperou a súa actividade cos maiores e cativos como protagonistas. A elaboración do pan o xeito tradicional serviu de camiño para intercambiar coñecementos e experiencias.
A iniciativa xurdiu dunha asociación chamada Os Tres Reinos que traballa na zona e que busca con proxectos coma este dinamizar a contorna e dar a coñecer a Mezquita, a súa historia e a súa tradición panadeira.