Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 4.000 evacuados polo incendio que devora o norte de California

Máis de 4.000 evacuados polo incendio que devora o norte de California

Traballan contra o lume 4.000 bombeiros, pero prevén que leve semanas telo baixo control

Está detido un home de 42 anos como principal sospeitoso de orixinar o incendio

G24.gal 29/07/2024 21:00 Última actualización 29/07/2024 21:12

Está sendo coma non poder ver o ceo durante días. Trátase do peor incendio do ano e un dos máis graves da historia de California. 

Para os habitantes desa zona do norte é como revivir un pesadelo. Hai seis anos un devastador incendio provocara aquí 85 vítimas mortais. 

Neste caso non se coñecen perdas humanas, pero este lume, declarado o pasado mércores, arrasou xa 140 edificios e máis de 150.000 hectáreas, o que vén sendo un terzo da provincia de Pontevedra.

O incendio, rapidamente propagado polo vento cambiante, obrigou a evacuar máis de 4.000 persoas e pechou estradas. Helicópteros, máis de 150 camións e 4.000 bombeiros traballan para conter as lapas. Prevén que leve varias semanas poñelo baixo control. 

Suponse que foi un incendio provocado. As autoridades detiveron un home de 42 anos, Ronnie Deam, como principal sospeitoso. As primeiras hipóteses apuntan a que puido orixinar o lume ao empuxar un coche ardendo barranco abaixo no parque de Bidwell.

O incendio de Park non é o único importante dos Estados Unidos nos últimos días. En Oregón e Washington os bombeiros loitan contra outros 40 sinistros de considerable tamaño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade