Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de cen civís mortos en Gaza na última xornada por ataques de Israel

Máis de cen civís mortos en Gaza na última xornada por ataques de Israel

Os bombarderos israelís esténdense polo norte, sur e centro da Franxa con 42 mortos na capital

A Media Lúa Vermella denuncia que non se lle permite o acceso ás ambulancias ás zonas atacadas

O Secretario Xeral da ONU denuncia a "anarquía total" causada pola invasión

 

Bombardeos masivos en Gaza este sábado/Reuters
G24.gal 22/06/2024 19:43

Polo menos 48 palestinos morreron este sábado a consecuencia dos bombardeos aéreos que Israel lanzou contra a franxa de Gaza. Nas últimas 48 horas os ataques israelís mataron máis de cento cincuenta civís palestinos.

As bombas deste sábado caeron sobre dous barrios de Gaza e sobre un campamento de refuxiados. Entre as 48 vítimas mortais do ataque hai varias mulleres e nenos. 

O Exército de Israel admite os ataques, engadindo que foron realizados contra infraestrutura militar de Hamas. Os voceiros do grupo islamita din que nas últimas 48 horas os bombardeos sobre toda a franxa de Gaza ocasionaron polo menos 150 mortos. Desde que comezou a guerra morreron máis de trinta e sete mil palestinos.

Vehículo atacado por un dron israelí no que aseguran que ía un membro de Hamás

Incursións en Cisxordania

Os ataques de Israel tamén van dirixidos contra Cisxordania, tal e como demostran as imaxes facilitadas polo exército do ataque dun dron a un vehículo palestino preto da cidade de Khiara, a uns 40 quilómetros da fronteira co Líbano. 

Segundo os militares, nese coche ía Aymán Ratma, presunto terrorista e membro de Hamas, que estaría preparando un ataque contra obxectivos xudeus.

Polo momento Hamas non se pronunciou sobre este ataque, similar a un realizado o xoves pasado contra un miliciano de Hizbulá.

Soldados israelís mataron tamén este venres, na cidade cisxordana de Qalqilya, dous mozos, presuntos militantes da Xihad Islámica Palestina.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade