Máis de media España, en alerta por chuvia e tormentas
Máis de media España, en alerta por chuvia e tormentas
A chuvia e tormentas afectarán unha trintena de provincias do centro da Península e do Levante, pero serán especialmente intensas na costa de Castelló
Máis de metade de España permanece en alerta por chuvia e tormentas, que serán especialmente fortes na costa de Castelló. Mentres, na localidade albaceteña de Alcalá del Júcar comezaron a reparar os danos provocados pola enchente do barranco que atravesa a poboación.
As brigadas municipais e os bombeiros da Deputación de Albacete, coa axuda de guindastres, continúan retirando a ducia de vehículos arrastrados pola enchente do barranco que atravesa Alcalá del Júcar.
O barranco, que non leva auga durante boa parte do ano, recolleu a chuvia torrencial rexistrada en toda a contorna e arrastrou todo ao seu paso: terra, pedras, árbores e os coches estacionados.
A riada provocou importantes danos no mobiliario urbano e nun local de hostalería situado preto de onde o barranco desemboca no río Xúcar.
As previsións para esta xornada anticipan que seguirá chovendo na zona, pero non coa mesma intensidade.
A chuvia e as tormentas afectarán unha trintena de provincias do centro da Península e do Levante, pero serán especialmente intensas na costa de Castelló.