Este mércores, máis chuvia e vento forte; e a partir do domingo, sol
Este mércores, máis chuvia e vento forte; e a partir do domingo, sol
O efecto de varias borrascas sucesivas sobre Galicia está a deixar chuvia intensa e vento forte, especialmente no litoral
Está un día moi desapracible despois do cambio de tempo que nos mantén desde Reis baixo o dominio das borrascas atlánticas. A que nos afecta hoxe deixou este panorama nas zonas costeiras do país:apenas uns pequenos botes de baixura saíron ao mar esta mañá en Ribeira.
O mar está en condicións moi desfavorables, especialmente nas rías altas.
"O importante nas vindeiras 36 horas será o tempo forte do suroeste, especialmente na Mariña onde se poden rexistrar refachos de máis de cen quillómetros hora. Moita precaución na Mariña, porque temos esa alerta laranxa en todo o sector norte", explicou Alberto Romero, de Meteogalicia.
A próxima noite, na Mariña, pero tamén no resto das zonas litorais, debemos evitar desprazamentos e estar moi atentos aos refachos. E aos desprendementos. A forza do mar arrastrou esta mañá á praia de Barraña, en Boiro, un bo anaco dunha batea que estaba en mal estado.
O xoves amaina, pero haberá chuvascos, e o venres volve empeorar. A partir do domingo, un anticiclón volverá traer o sol.