Mantense a alerta por temperaturas altas no interior de Galicia
En Ribas de Sil rexistrouse a máis alta, con 39,6 graos
Mañá Ourense andará polos 40 graos
Coa calor batendo récords, saír á rúa convértese nunha misión difícil de cumprir.
Aínda que os termómetros na rúa marcan máis grados dos reais, a temperatura continúa sendo elevada.
O concello lucense de Ribas de Sil volveu rexistrar a temperatura máis alta de Galicia, ás cinco da tarde, con 39,6 graos. Por enriba dos 39 tamén estiveron hoxe Vilamartín de Valdeorras e Verín.
Temperaturas que manteñen en alerta amarela o centro de Lugo e a montaña de Ourense, que se converte en laranxa no sur de ámbalas dúas provincias.
Este domingo a vaga de calor aínda deixará temperaturas por encima de 36 graos no interior de Galicia. É o caso de Ribadavia, onde pertencen estas imaxes, ou Ourense, onde os termómetros mañá poderían chegar aos 41 graos.
A vaga de calor comeza remitir xa ao entrar a semana.