Publicador de contidos
Publicador de contidos

Manuel Lourenzo, Xosé María Pérez Barro, Marta Pazos, Julia Díaz e o Celta, entre os Premios da Cultura Galega

Manuel Lourenzo, Xosé María Pérez Barro, Marta Pazos, Julia Díaz e o Celta, entre os Premios da Cultura Galega

O xurado reuniuse este venres na Cidade da Cultura

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 11/10/2024 17:38

Manuel Lourenzo, Xosé María Pérez Barro, Marta Pazos, Joaquín Martínez, Ficción Producións, Julia Díaz, Xosé Manuel González e o Real Club Celta de Vigo foron os elixidos como Premios da Cultura Galega 2024.

Así o comunicou este venres o xurado, reunido na Cidade da Cultura e presidido polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos.

Na categoría de Letras, a Xunta distinguiu a Manuel Lourenzo; en Artes Visuais, a Xosé María Pérez Barro; en Artes Escénicas, a Marta Pazos; en Música, a Joaquín Martínez; en Audiovisual, a Ficción Produción; en Lingua, a Julia Díaz; en Patrimonio Cultural, a Xosé Manuel González; e en Proxección Exterior, ao Real Club Celta de Vigo.

Tal e como destacou o Goberno galego nunha nota de prensa, con estes galardóns a administración autonómica distingue un ano máis a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección do panorama cultural de Galicia, así como o compromiso de proxectos, traxectorias e iniciativas que enriquecen a realidade e identidade cultural da comunidade.

Ademais do conselleiro de Cultura, do xurado tamén formou parte o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; a directora xeral de Igualdade, María Quintiana; o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa; Henrique Monteagudo, académico numerario, en representación da Real Academia Galega; Xosé Manuel Núñez Seixas, vicepresidente do Consello da Cultura Galega; Máximino Zumalave, académico numerario da Real Academia Galega de Belas Artes; así como profesionais como Kirenia Martínez Acosta, xestora cultural, bailarina e coreógrafa; Lucía Carballeda Suárez, historiadora da arte e galerista, e Anxo Angueira Viturro, presidente da Fundación Rosalía de Castro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos