Publicador de contidos
Publicador de contidos

Marc García incorpórase á pretemporada do Breogán

Marc García incorpórase á pretemporada do Breogán

G24.gal 13/08/2022 10:06

O escolta Marc García incorpórase á pretemporada do Breogán, con moitas opcións de ter un contrato temporal pola necesidade que ten o equipo galego dun xogador español para cubrir o cupo esixido pola Basketball Champions League. 

Marc García é un escolta (197 cm) con moita experiencia en ACB. Pasou por Manresa, Betis, Barcelona, Fuenlabrada e a temporada pasada estivo en San Pablo Burgos. Os seus mellores anos foron no equipo madrileño (2018-21) en que chegou a ter unha media de 11,4 puntos en máis de vinte minutos por partido na campaña 19/20. 

En Burgos non estivo ao seu mellor nivel, lastrado pola mala dinámica do equipo. Os seus números foron de 6,5 puntos e 1,4 rebotes nuns 12 minutos por partido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade