Publicador de contidos
Publicador de contidos

Marcelino: "O Celta é o equipo cunha diferenza máis grande entre méritos e puntos sumados"

Marcelino: "O Celta é o equipo cunha diferenza máis grande entre méritos e puntos sumados"

Tamén recoñeceu que en principio pensou que o Celta se equivocaba ao destituír a Rafa Benítez, pero admitiu que o equipo de Vigo mellorou

G24.gal 03/05/2024 14:59 Última actualización 03/05/2024 15:05

Marcelino, técnico do Vilarreal, recoñeceu que en principio pensou que o Celta se equivocaba ao destituír a Rafa Benítez, pero admitiu que o equipo de Vigo mellorou.

"Desde fóra, prescindir de Rafa, non me pareceu unha postura moi lóxica, pero é fútbol e temos que estar a expensas desas decisións. A partir de aquí o Celta moveuse con máis regularidade", admitiu.

"Agora ten un xogo no que creo que no aspecto ofensivo ten xogadores con brillantez", apuntou.

Marcelino cre que o Celta merece estar máis arriba.

"Polas penalizacións de erros arbitrais, polas penalizacións de puntos nos finais".

"É o equipo cunha diferenza máis grande entre méritos e puntos sumados".

Marcelino avanzou que Eric Bailly, tras adestrarse toda a semana co equipo, estará en principio dispoñible, como tamén Alfonso Pedraza, pero non Gerard Moreno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos