Publicador de contidos
Publicador de contidos

Marchesín chega a Vigo por petición expresa de Coudet

Marchesín chega a Vigo por petición expresa de Coudet

O Celta confirma o acordo co Porto, que non soltou o internacional arxentino porque tiña que xogar a Supertaça portuguesa

G24.gal 01/08/2022 19:45 Última actualización 02/08/2022 15:45

Coudet xa ten o porteiro que quería. Saíndo un pouco da liña de fichaxes do Celta (xogadores novos e con proxección) chega un xogador veterano (34 anos) e contrastado na liga arxentina, portuguesa e internacional polo seu país. 

Agustín Marchesín é unha aposta segura. Non chegou antes porque tivo que xogar a Supertaça de Portugal o pasado sábado por mor da sanción a Diogo Costa. O seu protagonismo no campión do país veciño diminuiu a temporada pasada coa irrupción dun porteiro canteirán e moito máis novo. A aposta de Conceiçao por Costa fixo que Marchesín optase por trocar de aires. 

Non viaxa moi lonxe. Cambia O Porto por Vigo pero na cidade olívica terá a condición de indiscutible. O Chacho apostou moi forte por el e convenceuno cando estaba a piques de aceptar unha oferta do Almería. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade