Marrocos deixa ao descuberto as carencias de Bélxica e pona contra as cordas
Marrocos deixa ao descuberto as carencias de Bélxica e pona contra as cordas
Os "Diaños Vermellos" xa gañaran de xeito inmerecido a Canadá e perderon no segundo partido por 0-2
Partía como unha das favoritas para estar nas quendas definitivas, pero o nivel que está a amosar Bélxica atópase moi lonxe do esixido. No primeiro partido gañáralle de xeito inmerecido a Canadá. No segundo, ante Marrocos, tiña que sentenciar o pase á seguinte rolda, pero a derrota por 0-2 deixa o grupo moi aberto para a última xornada, en que os belgas terán que enfrontarse a Croacia.
Os africanos xa marcaran no primeiro tempo un gol que foi anulado por fóra de xogo. No segundo volveron ameazar un Courtois que non tivo tanta sorte. Os tantos de Abdelhamid Sabiri (minuto 73) e de Zakaria Aboukhlal (no 92') sentenciaron a prol dunha selección de Marrocos que mira de preto os oitavos de final.
🦁 ¡Rugen los Leones del Atlas!
— Gol Mundial (@Gol) November 27, 2022
🧐 ¿Genialidad de Sabiri o cantada de Courtois? #GolMundial pic.twitter.com/fMzyWADD2q