Cargando resultados...
Martín de la Puente queda ás portas de gañar o seu primeiro 'Grande'
Martín de la Puente queda ás portas de gañar o seu primeiro 'Grande'
Perdeu na final de Wimbledon ante Hewett por 6-2 e 6-3
G24.gal
14/07/2024 14:20
Martín de la Puente quedou ás portas de gañar a primeira final dun Grand Slam na súa carreira. Meteuse en Wimbledon diante de Hewett, con moitas esperanzas de impoñerse nun Grande.
O tenista vigués tiña un rival moi duro e non puido facerse co título. O británico Alfie Hewett gañou por 6-2 e 6-3. Hewett impúxose no seu oitavo título nun Gran Slam. De la Puente completou unha gran competición para facerse co subcampionato do gran torneo londiniense.