Martín de la Puente xogará a final de dobres na Copa de Mestres

Perdeu a semifinal individual diante de Hewett por 6-3, 6-1

A carón de Gustavo Fernández conseguiu o pase á rolda definitiva onde volverá a enfrontarse a Hewett e Reid

G24.gal 03/11/2023 17:58

O tenista vigués Martín de la Puente estará na final de dobres na Copa de Mestres de tenis en cadeira de rodas que está a disputarse en Barcelona. A carón de Gustavo Fernández conseguiron derrotar á parella francesa formada por Cattaneo e Houdet por 2-6, 6-2, 10-5. Enfrontaranse aos británicos Hewett e Reid, a outra gran parella do circuíto, por lograr un dos títulos máis importantes da tempada. 

Foi precisamente Hewett o que evitou o dobrete de De La Puente. Na semifinal individual, xogada unhas horas antes, amosou a súa maior pegada e logrou levar a vitoria por 6-3, 6-1 en 1 hora e 12 minutos. Non foi o mellor partido do tenista galego que quedou ás portas de acadar unha final soñada. Ademais teríase enfrontado ao seu compañeiro en dobres, o arxentino Gustavo Fernández, que sorprendeu o xaponés Tokito Oda, número un do mundo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade