Publicador de contidos
Publicador de contidos

Masiva afluencia na Feira do Viño de Monterrei malia ás elevadas temperaturas

Masiva afluencia na Feira do Viño de Monterrei malia ás elevadas temperaturas

Os viños da Denominación de Orixe Monterrei sacan peito na décimo sétima edición da súa feira

Celébrase esta fin de semana en Verín e os adegueiros están moi satisfeitos co gran número de visitantes

G24.gal 10/08/2024 19:44

"Imos comprar dúas botellas de viño, un branco e un tinto", comenta unha das asistentes á Feira do Viño de Monterrei. Lévanas para Asturias. Un recordo de Galicia que lles dará proxección á adega que llas vendeu e a Monterrei no seu conxunto.

Marta Rodríguez, Adega Crego e Monaguillo: "Eu creo que é unha forma moi boa de dar a coñecer as nosas marcas".

Manuel Regueiro, Adega Serra de Alén: "Empezou moi ben e hoxe aínda irá mellor".

É a denominación de orixe máis nova de Galicia, pero a tradición vitivinícola está documentada aquí desde a época dos romanos, coa maior concentración de lagares rupestres do país.

Iván Álvarez, Adegas Triay: "A nosa comarca ten 45-46 lagares rupestres documentados, que é onde os romanos facían o viño hai 2.000 anos, e no resto de Galicia hai dez, así que temos unha historia sólida documentada por detrás".

Nesta adega van pola terceira xeración de mulleres. Na feira participan 19, das 29 adegas que hai na comarca. Traen os viños da última colleita. "Viños moi bos e ricos, non só brancos, hai de todo". "Vas a un e está bo, a outro e está mellor", aseguran dous visitantes.

E xa nos adiantan os adegueiros que a colleita deste ano, tamén promete.

Aníbal Blanco, Adega Tapias Mariñán: "De momento vén moi boa. Esperemos que nos veña algo de auga, porque se non muchan".

Empezaron xa o venres e prolongarase durante toda a fin de semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade