Falaron en Zona mixta con Javier Maté sobre a aposta pola austeridade do club de Mouriño neste mercado de inverno e o ex porteiro celeste falou con moita claridade, coma sempre
Movementos insuficientes e aposta pola canteira
"Non nos sorprenderon neste mercado, era de esperar por intencións e movementos. Orbelín Pineda chegou como chegou, non pode estar corenta días parado. O Celta ten bo equipo, pero un cadro de xogadores moi escaso e marchan dous e vén un".
E sobre os xogadores do filial, dixo
"Fálase do uso da canteira... se triunfan os xogadores que se incorporan desde abaixo será unha boa nova, senón pois será que nos meteron outro gol. A mensaxe que manda o club fai que se enfade a xente. As cousas hai que explicalas e non pasa nada".
Cando menos, os que saen polos que entran:
"Non se entende o de Okay, o caso de Baeza é diferente. O turco non torceu o morro cando lle tocou xogar fóra do seu lugar habitual. Eu son partidario de cumprir con orzamentos, pero chama a atención que o resto se mova e a nós só nos vallan bos, bonitos e baratos".
Cadro de xogadores limitado
Para Javier Maté, 20 fichas son insuficientes e detalla o porqué:
"Ter só 20 fichas no primeiro equipo e o filial pelexando polo ascenso a Segunda dá a sensación de que queres aguantar como poidas. Eu non son partidario do mercado de inverno que é difícil, iso é certo. Coudet está utilizando a 13-14 xogadores, pero hai sancións, lesións, a covid...".
"Agora non se van ver os problemas, pero a longo prazo con 20 xogadores si poden xurdir. Pelexouse moito por ter 25 fichas no fútbol español e agora resulta que nos desdicimos do que pretendiamos hai anos? Okay e Baeza non son Messi e Ronaldo, pero sumaban".
Aspas non abonda por si só
As súas reflexións finais ían dirixidas a un xogador que non vai ser eterno, Iago Aspas:
"Se se tira da canteira, fenomenal, pero se chega o 30 de xuño e só xogan minutos testemuñais, estaremos outra vez nun engano. O do chío do neto non son balas perdidas, estas cousas hai que medilas. Faise alarde no FITUR con discursos fachendosos, pero as obras logo din outra cousa...".
"Somos humildes accionistas, explíquennos algo, por favor! Gustaríanos ser partícipes, non en decisión, pero si nos daría complicidade. A xente en Vigo estase empezando a cabrear. Ata que o Celta teña outro Aspas, que non teñamos a oportunidade máis que salvar os mobles...".