Cargando resultados...
Matej Rudan reforza o xogo interior do Breogán
Matej Rudan reforza o xogo interior do Breogán
O internacional croata de 22 anos chega cedido polo Bayern
G24.gal
14/06/2023 10:42
Era coñecido desde o mes de maio, pero o Breogán agardou para confirmar a segunda incorporación da temporada. Trátase do ala pívot croata Matej Rudan (21-3-01).
Unha promesa do baloncesto que o Bayern alemán, equipo ao que pertence, quere potenciar nunha liga potente como a ACB. As dúas últimas temporadas estivo no Mega Básket, da liga serbia. Alí amosou a súa progresión, cunha primeira campaña de adaptación e unha segunda na que promediou uns interesantes 12,8 puntos e 5,5 rebotes.
O internacional croata Matej Rudan únese ao Río Breogán
— Río Breogán (@CBBreogan) June 14, 2023
Benvido! #ForzaBreo https://t.co/NJoR48388e pic.twitter.com/8i3OgtH0dP
Rudan é a segunda fichaxe que anuncia o Breogán despois da de Jogela.