Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mbappé: "Estou liberado, aliviado e orgulloso pola miña fichaxe polo Real Madrid"

Mbappé: "Estou liberado, aliviado e orgulloso pola miña fichaxe polo Real Madrid"

Mbappé agradeceu a todas as persoas que contribuíron a que a súa fichaxe se realizase, en concreto a Florentino Pérez

G24.gal 04/06/2024 17:21 Última actualización 04/06/2024 17:26

Kylian Mbappé, capitán da selección de Francia, recoñeceuse este martes "liberado, aliviado e orgulloso" pola súa fichaxe polo Real Madrid, e asegurou que chega "con toda a humildade".

"Agradezo a todos os que traballaron nesta operación tan complexa, sobre todo a Florentino Pérez", dixo Mbappé, nunha rolda de prensa previa ao amigable ante Luxemburgo.

O capitán de Les Bleus realizou estas declaracións antes de que se iniciase a conferencia de prensa en Metz, onde pediu aos xornalistas que, tras as súas palabras iniciais, non lle fixesen máis preguntas sobre o Real Madrid para non prexudicar á selección francesa.

"É un gran pracer, un soño que se realiza. Estou moi emocionado. Estou moi orgulloso de poder chegar ao club sobre o que sempre soñei", referiu Mbappé.

O novo xogador do Real Madrid pediu desculpas aos xornalistas estranxeiros presentes, que se desprazaron a Metz polas súas declaracións sobre a entidade madrileña, e aseverou que a vida "non é sempre xusta".

Mbappé agradeceu a todas as persoas que contribuíron a que a súa fichaxe se realizase, en concreto a Florentino Pérez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar