Publicador de contidos
Publicador de contidos

Medina Cantalejo "A idea é implantar o fóra de xogo semiautomático durante a vindeira temporada"

Medina Cantalejo "A idea é implantar o fóra de xogo semiautomático durante a vindeira temporada"

O presidente do Comité Técnico de Árbitros atendeu a Radio Galega dende a Lomba

G24.gal 17/06/2023 20:55 Última actualización 17/06/2023 21:04

Xunto ao seu amigo Bernardino González Vázquez, o máximo dirixente da arbitraxe española atendeu o Galicia en goles na previa da final da Copa das Rexións UEFA. Falou sobre a propia competición e os obxectivos do colectivo para a vindeira temporada.

"Esta competición ten moita aceptación e pra iso se fixo, para o desfrute do fútbol afeccionado. Que xogadores de diferentes puntos de Europa conflúan nunha cidade é moi positivo e irá pouco a pouco a mellor. Agora toca desconectar un chisco e pensar no ano que vén. O noso obxectivo é que o fóra de xogo semiautomático estea operativo durante a temporada que vén. Non sabemos se ao comezo, porque tecnoloxicamente non depende de nós, pero é unha petición dos clubs e traballamos nela". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade