Publicador de contidos
Publicador de contidos

Eugenia Gil: "Hoxe rachamos unha barreira. É un día histórico para a arbitraxe coruñesa"

Eugenia Gil: "Hoxe rachamos unha barreira. É un día histórico para a arbitraxe coruñesa"

A Grela acolleu o primeiro trío arbitral íntegramente feminino na provincia da Coruña

G24.gal 18/09/2022 15:31

No encontro entre o Silva e o Atlético Arteixo deuse un paso máis cara á plena igualdade entre homes e mulleres. Por primeira vez  nun partido desputado na provincia da Coruña o equipo arbitral estaba formado por mulleres. Tras o encontro falou a colexiada principal Maria Eugenia Gil co Galicia en goles.

"Estou moi leda porque é un día no que rachamos unha barreira, día histórico para a arbitraxe coruñesa. Tivemos esa sorte. É un feito que enxalza a arbitraxe feminina, así que gañamos por dúas veces. É un privilexio poder arbitrar na miña casa, nun gran partido, onde puido vir a miña familia, os xogadores portáronse moi ben, fixemos foto de familia, síntome orgullosa de que as mulleres rachemos barreiras na vida en xeral"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade