Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Futgal pon en marcha o protocolo de actuación sobre a violencia verbal

A Futgal pon en marcha o protocolo de actuación sobre a violencia verbal

No Galicia en goles conversamos con Roberto Vázquez Alvite, vicepresidente do Comité Galego de Árbitros

G24.gal 14/10/2023 16:38

Na loita contra a violencia verbal no fútbol non caben medias tintas. Así pensan as federacións, a nacional e ás territoriais, a Liga e o Consello Superior de Deportes, que acaban de pór en marcha unha serie de actuacións para cando a dita violencia apareza. O vicepresidente do Comité Galego de Árbitros Roberto Vázquez Alvite pasou pola Radio Galega para explicar esta iniciativa.

"O protocolo pretende protexer xogadores, adestradores, árbitros e público. Consta de tres partes: en canto apareza a violencia verbal que se anuncia por megafonía ou se avise ao sector que profire os insultos para que cese. O seguinte paso sería, de continuaren os insultos, parar o encontro e invitar equipos e trío arbitral a abandonaren o campo. Logo dun tempo prudencial para que o delegado poida conseguir que non se volva repetir, se logo de volver ao xogo isto segue acontecendo, o último paso é suspender o partido. É algo en que se leva traballando moito tempo, aquí en Galicia, que no fútbol 7 e fútbol 8 xa estamos co dito protocolo dende hai cinco ou seis anos. Hai que pensar que o período formativo é neses partidos. Todas as institucións e a sociedade están involucradas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade