Kevin Vázquez: "Tendo VAR non poden acontecer eses erros arbitrais"

O canteirán atendeu a Radio Galega na zona mixta de Montilivi e lamentou as decisións do colexiado

G24.gal 28/10/2023 09:48

Tras o polémico final de encontro, o equipo celeste amosou a súa decepción co resultado conseguido ante o Xirona. No campo catalán estivo Roberto Carlos Carballo, que puido recoller a opinión dun dos protagonistas, o de Nigrán, Kevin Vázquez

"Estou amolado porque en cinco minutos pasamos de ter tres puntos a saír con ningún. Traballamos moito para poder puntuar nun campo difícil, cun partido bo en defensa e saír á contra. Eu vexo a xogada lonxe pero mirando agora, non entendo nada. Tarda 5 segundos en pitalo. Hai alguén no VAR que está vendo na tele. Nos nosos erros podemos traballar; nos erros arbitrais, non. Tendo VAR non poden acontecer eses erros, para iso está. Marchamos moi doídos, cunha semana longa para preparar a seguinte xornada".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade