Publicador de contidos

Publicador de contidos

Menéndez quéixase das condicións para adestrarse do Rácing, pero "non é unha escusa"

Menéndez quéixase das condicións para adestrarse do Rácing, pero "non é unha escusa"

O Rácing de Ferrol afronta o terceiro partido con Alejandro Menéndez co obxectivo de repetir o fito do debut do técnico asturiano

G24.gal 13/02/2025 13:38 Última actualización 13/02/2025 13:45

O Rácing de Ferrol afronta o terceiro partido con Alejandro Menéndez co obxectivo de repetir o fito do debut do técnico asturiano, no que os verdes dobregaron o Levante, no campo do Mirandés, tamén a loita pola parte alta da táboa.

Tras unha dolorosa derrota en casa ante o Castelló, que gañou na Malata en inferioridade numérica, o cadro naval necesita recuperar as súas mellores prestacións para manterse vivo na pugna por abandonar a zona baixa da táboa clasificatoria. Pero os problemas semellan estar tamén na casa. Menéndez quéixase das condicións para adestrar.

"O tempo non mellora e a Gándara está feito un pataqueira, pero non xogamos ben por non ter calidade de adestramentos".

A meta da permanencia está algo máis afastada tras os resultados da última xornada, co que o cadro ferrolán encara esta cita practicamente como unha final pola continuidade na categoría de prata.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade